Commit Yourself Completely é o segundo álbum ao vivo da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado dixitalmente o 17 de xuño de 2019 a través do selo Matador Records. O disco recompila cancións tocadas pola banda na xira de 2018 nos Estados Unidos, Reino Unido e Francia, cos membros de Naked Giants tocando co grupo nunha formación de sete persoas. O recompilatorio inclúe cancións dos álbums Teens of Denial (2016) e Twin Fantasy (2011, 2018), ademais dunha versión do tema de Frank Ocean "Ivy". Foi promovido cun vídeo da interpretación de "Fill in the Blank" no Newport Music Hall de Columbus, Ohio.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Car Seat Headrest Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de Matador Records Categoría:Álbums en directo