José Benito Otero Baena, nado en Bueu o 27 de xuño de 1925 e finado en Pontevedra o 6 de febreiro de 2017, foi un pintor, banqueiro e político galego.
Traxectoria
Afeccionado á pintura, en 1952 obtivo unha bolsa do Goberno Civil de Pontevedra para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Foi director da sucursal de Caixa de Pontevedra en Bueu. Foi nomeado concelleiro en representación do terzo corporativo ou de entidades e tomou posesión o 2 de febreiro de 1964. Foi nomeado alcalde de Bueu en 1971 e tomou posesión o 6 de febreiro. Cesou no cargo en 1979.
Homenaxe póstuma No ano 2022 a súa familia e o Concello de Bueu anunciaron a súa vontade de convocar o Certame de pintura Otero Baena para artistas noveis, que tivo a súa primeira edición no ano 2023 e que ten carácter bienal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
García, David (8/2/2017) "Bueu despide a "Pepé" Baena, su alcalde artista" Faro de Vigo .
Categoría:Alcaldes de Bueu Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes