Utomlyonnye solntsem (en ) é un filme ruso de 1994 dirixido por Nikita Mikhalkov e escrito por Rustam Ibragimbekov. O filme describe a historia dun oficial do Exército Vermello, interpretado por Mikhalkov, e a súa familia durante a Gran Purga da Unión Soviética stalinista. Tamén está protagonizado por Oleg Menshikov, Ingeborga Dapkūnaitė e a filla de Mikhalkov, Nadezhda Mikhalkova.

O filme acadou un alto grao de popularidade en Rusia e unha acollida positiva nos Estados Unidos. Conseguiu o Gran Premio no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1994 e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, entre outros galardóns.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Rusia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar

Bibliografía

Katerina Clark, "[Review of] films Burnt by the Sun", por Nikita Mikhalkov, Michael Seidou, e Rustam Ibragimbekov; and of The Interpretation of Dreams, por Semen Vinokur e Andrei Zagdansky; in The American Historical Review, Vol. 100, No. 4 (outubro de 1995), pp. 1223–1224

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Rusia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Nikita Mikhalkov Categoría:Filmes ambientados en 1936 Categoría:Óscar ó mellor filme internacional