Pecten jacobaeus é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos e familia dos pectínidos,Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 28 de xaneiro de 2020. unha das 15 integradas actualmente (2020) no xénero Pecten.Pecten O. F. Müller, 1776 no WoRMS. Consultado o 28 de xaneiro de 2020.

Moi semellante a Pecten maximus, é coñecida na bibliografía internacional como vieira do Mediterráneo, debido á súa área de distribución.

Moitas veces ambas as especies confúndense, porque nas partes comúns das súas distribucións, desenvolvéronse individuos híbridos.Coquille Saint-Jacques de Méditerranée. Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758) no DORIS (Données d'Observations pour la Reconnaissance et l'Identification de la faune et la flore Subaquatiques). Consultado o 28 de xaneiro de 2020.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Ostrea jacobaea.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñceuse tamén polos seguintes sinónimos: Ostrea jacobaea Linnaeus, 1758 (protónimo) Pecten intermedius Monterosato, 1899 Pecten jacobeus (Linnaeus, 1758) (erro ortogáfico) Vola jacobea (Linnaeus, 1758) Vola jacobea var. striatissima Foresti, 1876

Características Pecten jacobaeus pode alcanzar un tamaño máximo de 15 cm. As dúas valvas son asimétricas. A inferior (a dereita), sobre a cal o animal descansa no fondo do substrato, é moi convexa e de cor clara, branca cremosa, mentres que a superior (a esquerda) é plana e de cor apardazada. Ambas as valvas mostran de 14 a 16 costelas radiais, cunha sección transversal máis ou menos rectangular. O interior das valvas é branco anacarado.

Este molusco ten no bordo do manto numerosos tentáculos curtos, que lles serven para decectaren estímulos químicos, entre os cales hai un total de 60 ollos diminutos sensíbeis á luz.

Ao pechar rapidamente as dúas valvas, pode desprazarse varios metros en caso de perigo.

Hábitat e distribución Hábitat Pecten jacobaeus vive sobre substratos brandos (area, areas de cunchas ou fondos lamacentos), xeralmente entre os 15 e os 50 m de profundidade. O animal descansa sobre a súa valva convexa (a dereita).

Distribución Esta especie parece ser endémica de todo o mar Mediterráneo,Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758) en Pectensite.com incluído o mar Negro, pero tamén se encontra no océano Atlántico, desde as costas de Portugal até as de Marrocos.

Bioloxía Nutrción Esta vieira é un animal planctonófago e detritívoro, é dicir, aliméntase de organismos planctónicos e de partículas de materia orgánica en suspensión. É un molusco puramente filtrante, xa que atrapa o seu alimento filtrando a auga de mar coas súas branquias. O seu alimento principal son algas microscópicas.

Reprodución Pecten jacobaeus é un animal hermafrodita. Alcanza a madurez sexual entre os 2 e os 4 anos de vida. A glándula xenital única (ben coñecida polos gastrónomos co nome de coral), está formada por unha parte masculina branca e unha parte feminina alaranxada. Os gametos prodúcense sucesivamente para evitar a autofecundación. Despois da desova, a fecundación é externa e as larvas son transportadas no plancto e a metamorfose prodúcese entre as 3 e as 4 semanas. Cando alcanzan entre 20 e 30 mm, a pequena cuncha fíxase ao substrato mediante un biso que logo perde.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata, vol. 1. Holmiae: Laurentius Salvius. Raines, B. K. & Poppe, G. T. (2006): "The Family Pectinidae". En: Poppe, G. T. & Groh, K.: A Conchological Iconography. , Hackenheim: ConchBooks. ISBN 3-9259-1978-3. Bieler R., Carter J. G. & Coan E. V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184, pp. 113–133,. Dijkstra H. H. & Maestrati P. (2012): "Pectinoidea (Mollusca, Bivalvia, Propeamussiidae, Cyclochlamydidae n. fam., Entoliidae and Pectinidae) from the Vanuatu Archipelago". Zoosystema 34 (2): 389-408. Zamouri-Langar, N.; Chouba, L.; Ajjabi Chebil, L.; Mrabet, R. & El Abed, A. (2011): Les coquillages bivalves des côtes tunisiennes. Salammbô: Institut National des Sciences et Technologies de la Mer. ISBN 978-9-9389-5120-2.

Outros artigos Bivalvos Ostreidos Pectininos (suborde) Pectinoideos Pectínidos

Categoría:Pectínidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné