José Gerónimo Rodríguez Rodríguez, coñecido como Jerónimo Rodríguez, nado en Tomiño cara a 1907 e finado en Vigo o 28 de xaneiro de 1937, foi un empregado e político galego.
Traxectoria
Anarquista, veciño de Goián. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Tui, onde coincidiu con Benito Prieto Coussent que lle fixo un retrato. Procesado na causa 1350/36 polo delito de rebelión, foi xulgado en Vigo o 7 de xaneiro de 1937.El Pueblo Gallego, 7-1-1937, p. 2. Condenado a pena de morte, foi executado en Vigo, ás 11 horas do 28 de xaneiro de 1937, con Eliseo Estévez Álvarez e Maximino Rodríguez Lago,El Pueblo Gallego, 29-1-1937, p. 3. nas proximidades do cuartel do Monte do Castro.
Vida persoal
Foi pai de Argentina Rodríguez Vicente.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Paco Lobatón lleva a Tomiño «Quién sabe dónde»
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados