Drab Majesty é un proxecto musical estadounidense baseado nos Ánxeles, fundado en 2011 polo músico Deb Demure (Andrew Clinco) mentres traballaba de batería na banda Marriages. O primeiro disco do proxecto foi o EP de 2012 Unarian Dances, primeiro autoeditado e despois lanzado en 2014 a través de Lolipop Records. Dende que fichou por Dais Records, Drab Majesty publicou tres álbums: Careless (2015), The Demonstration (2017), e Modern Mirror (2019).

Drab Majesty combina estética andróxina e voces dominantes con letras futuristas e ocultas, un estilo que Demure define como "tragic wave". Para crear a súa impoñente presenza escénica, Demure emprega disfraces, maquillaxe e accesorios para acompañar ás súas exuberantes paisaxes sonoras con influencias dos 80. Dende o ano 2016 Demure está acompañado nos concertos polo teclista e vocalista Mona D (Alex Nicolaou).

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloCareless2015Dais RecordsThe Demonstration2017Dais RecordsModern Mirror2019Dais Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bandcamp da banda

Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de darkwave Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de rock gótico Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais formados en 2011