Hjem til jul é unha serie de televisión norueguesa de comedia romántica estreada en 2019, producida por Netflix e The Oslo Company. Hjem til jul é a primeira serie norueguesa de Netflix. A serie foi creada por Per-Olav Sørensen e o guión foi escrito por Fredrik Høyer, Miriam Larsen, Mattis Herman Nyquist e Julie Skaufel, cuxo argumento se basea nunha idea de Amir Shaheen e Kristian Andersen. Ida Elise Broch é a protagonista, interpretando o papel de Johanne. A serie componse de dúas temporadas de seis episodios cada unha. A primeira estreouse a través de Netflix o 5 de decembro de 2019, e a segunda en decembro de 2020.
Personaxes Ida Elise Broch como Johanne Gabrielle Leithaug como Jørgunn Mads Sjøgård Pettersen como Sporty-Stein Hege Schøyen como Bente Oddgeir Thune como Henrik Felix Sandman como Jonas Fuckboy Kingsford Siayor como Thomas Ghita Nørby como Trine Nergaard Anette Hoff como nai de Johannes Dennis Storhøi como pai de Johannes Christian Ruud Kallum como Morten, irmán de Johannes Stian Blipp como Christian
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua norueguesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión de Noruega