Zoran Tegeltija (en serbio cirílico: Зоран Тегелтија), nado en Mrkonjic Grad o 29 de setembro de 1961, é un político serbio de Bosnia e Hercegovina, actual presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina.

É economista e membro da Alianza de Socialdemócratas Independentes. Foi tamén ministro de Facenda da República Serbia, alcalde de Mrkonjic Grad, membro do Parlamento bosníaco e presidente da Federación de Baloncesto da República Serbia.

Traxectoria Naceu o 29 de setembro de 1961 en Mrkonjic Grad, onde asistiu á escola primaria e á secundaria. En 1986 licenciouse na Facultade de Económicas da Universidade de Saraxevo. Realizou un máster que rematou en 2004 e no 2007 doutorouse na Universidade de Janicije e Danica Karic en Belgrado. Está casado e ten dous fillos.

Entre outros traballos, foi empregado na refinaría de petróleo, na Administración tributaria e na administración aduaneira da República Serbia. No período comprendido entre 2000 e 2002 foi membro da Asemblea Nacional da República Serbia e, posteriormente, presidente da Comisión Estatal de Cruzamento de Fronteiras de Bosnia e Hercegovina.

En 2004 foi elixido alcalde de Mrkonjic Grad e reelixido en 2008. É membro da Alianza de Socialdemócratas Independientes.

Foi elixido ministro de Finanzas de República Serbia pola Asemblea Nacional de República Serbia o 29 de decembro de 2010 como membro do goberno de Aleksandar Dzombic.

En decembro de 2019 o Parlamento de Bosnia e Hercegovina votou a favor da súa investidura como novo primeiro ministro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Željko Komšić Milorad Dodik Šefik Džaferović

Ligazóns externas Páxina web oficial do primeiro ministro .

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Políticos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Nados na República Serbia