Z é un filme franco-alxeriano de 1969 dirixido por Costa-Gavras. O guión é obra de Gavras e Jorge Semprún, e baséase na novela homónima de 1966 escrita por Vassilis Vassilikos. O filme presenta unha versión lixeiramente ficcionalizada dos eventos arredor do asasinato do político demócrata grego Grigoris Lambrakis en 1963. Coa súa visión satírica da política grega, o seu escuro sentido do humor e o seu final sombrío, o filme captura a indignación pola ditadura militar que gobernou Grecia durante a época da rodaxe.
O filme vendeu un total de 3 952 913 de entradas en Francia e foi o cuarto filme con maior recadación dese ano no país. Tamén foi o décimo segundo filme con maior recadación de 1969 nos Estados Unidos. Z tamén foi o primeiro filme en ser nomeado nos Premios Óscar ó mellor filme e mellor filme en lingua non inglesa, gañando o último. Tamén acadou o Premio do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes, o BAFTA á mellor banda sonora e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa; na 27ª edición dos Globos de Ouro, os produtores de Z rexeitaron o premio en protesta contra a exclusión do filme na categoría de mellor filme dramático.
Personaxes Jean-Louis Trintignant como xuíz de instrución (baseado en Christos Sartzetakis) Yves Montand como o deputado (Grigoris Lambrakis) Irene Papas como Helene Pierre Dux como o xeneral Jacques Perrin como fotoxornalista Charles Denner como Manuel François Périer como o procurador Georges Géret como Nick Bernard Fresson como Matt Marcel Bozzuffi como Vago Julien Guiomar como o coronel Magali Noël como irmá de Nick Renato Salvatori como Yago (Spyro Gotzamanis - o condutor) Clotilde Joanno como Shoula
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 42ª edición dos Óscar Filmes de Alxeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Alxeria Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Costa-Gavras Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en Alxeria Categoría:Filmes ambientados en 1963 Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes sobre represión política Categoría:Óscar ó mellor filme internacional