Voyna i mir (en ) é un filme soviético co-escrito e dirixido por Sergei Bondarchuk. É unha adaptación cinematográfica da novela de 1869 Guerra e paz de Lev Tolstoi. O filme, estreado en catro partes entre 1966 e 1967, está protagonizado por Bondarchuk no papel de Pierre Bezukhov, xunto con Vyacheslav Tikhonov e Ludmila Savelyeva, que interpretan o príncipe Andrei Bolkonsky e a Natasha Rostova, respectivamente.

O filme foi producido polos estudios Mosfilm entre 1961 e 1967, cun considerable apoio das autoridades soviéticas. Cun custo de 8,29 millóns de rublos soviéticos, foi o filme máis custoso xamais feito na Unión Soviética. Dende a súa estrea, converteuse nun grande éxito de audiencia, vendendo arredor de 135 millóns de entradas na Unión Soviética. Voyna i mir tamén gañou o Gran Premio do Festival Internacional de Cinema de Moscova, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.

Personaxes Sergei Bondarchuk como Pierre Bezukhov Lyudmila Savelyeva como Natasha Rostova Vyacheslav Tikhonov como Andrei Bolkonsky Boris Zakhava como Mikhail Kutuzov Anatoly Ktorov como Nikolai Bolkonsky Antonina Shuranova como Maria Bolkonskaya Oleg Tabakov como Nikolai Rostov Viktor Stanitsyn como Ilya Rostov Kira Golovko como Natalya Rostova Irina Skobtseva como Hélène Kuragin Vasily Lanovoy como Anatol Kuragin Irina Gubanova como Sonya Rostova Oleg Yefremov como Fedor Dolokhov Eduard Martsevich como Boris Drubetskoy Aleksandr Borisov como tío Rostov Nikolai Rybnikov como Vasily Denisov Viktor Murganov como Alexandre I de Rusia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 41ª edición dos Óscar Filmes da Unión Soviética propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1967 Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes da Unión Soviética Categoría:Filmes dirixidos por Sergei Bondarchuk Categoría:Filmes de Mosfilm Categoría:Filmes rodados en Ucraína Categoría:Filmes rodados en Rusia Categoría:Filmes rodados en Moscova Categoría:Filmes rodados en San Petersburgo Categoría:Filmes ambientados en 1805 Categoría:Filmes ambientados en 1809 Categoría:Filmes ambientados en 1812 Categoría:Filmes ambientados en Rusia Categoría:Filmes ambientados en San Petersburgo Categoría:Óscar ó mellor filme internacional