Un referendo de independencia non vinculante celebrouse en Bougainville, unha rexión autónoma de Papúa-Nova Guinea, entre o 23 de novembro e o 7 de decembro de 2019. A pregunta do referendo era unha escolla entre maior autonomía dentro de Papúa-Nova Guinea ou unha completa independencia, e a maioría abosulta dos votantes (98,31%) votou a prol da independencia.

O referendo foi o resultado dun acordo de 2001 entre o goberno de Papúa-Nova Guinea e o Goberno Autónomo de Bougainville, que rematou coa guerra civil que ocorreu entre 1988 e 1998. A votación non é vinculante e o Goberno de Papúa-Nova Guinea ten a decisión final sobre o futuro de Bougainville. Os observadores declararon que o claro resultado dificulta a Papúa-Nova Guinea ignorar ou atrasar unha decisión, mais a independencia podería tardar anos en alcanzarse.

En xullo de 2021, chegouse a un acordo entre os gobernos de Papúa-Nova Guinea e Bougainville, no que Bougainville conseguirá a independencia en 2027 se é ratificado polo parlamento de Papúa-Nova Guinea.

Contexto

Papúa-Nova Guinea converteuse nun estado independente de Australia en 1975, e Bougainville obtivo o status de provincia en 1976. En 1988, as tensións evolucionaron nunha guerra civil entre o Exército Revolucionario de Bougainville e as forzas do Goberno de Papúa-Nova Guinea. Un tema clave do conflito foi a mina de Panguna, que pechou en 1989.

A guerra civil rematou cun alto ó lume en 1998, que foi seguido dun Acordo de Paz en 2001. O acordo estabeleceu un Goberno Autónomo de Bougainville, e un referendo sobre a independencia de Bougainville que se celebraría 10-15 anos despois da elección do primeiro goberno autonómico de Bougainville, e que tiña como prazo máximo xuño de 2020. O referendo sería non vinculante, e a decisión final quedaría en mans do goberno de Papúa-Nova Guinea.

En novembro de 2019, Raymond Masono, vicepresidente da Rexión Autónoma de Bougainville, fixo campaña sobre a reapertura da mina de Panguna se o referendo tiña un resultado faborable á independencia. Panguna pechou en 1989 por mor da guerra e estímase que o valor do cobre chega ós 60 billóns de dólares. Coa independencia, tódolos intereses de Papúa-Nova Guinea transferiríanse a Bougainville, dándolle unha participación do 60% en tódolos proxectos e conservando todas as licenzas mineiras. O 40% restante deixaríase para ofertar a investidores.

Planificación A votación foi orixinalmente proposta para o 15 de xuño de 2019, mais adiouse até o 17 de outubro en medio de acusacións de que o goberno estatal tardou en achegar a maior parte dos fondos prometidos para o referendo. O referendo foi adiado de novo até o 23 de novembro por solicitude da Comisión de Referendo de Bougainville para asegurar a credibilidade do mesmo e para que máis persoas puidesen votar. Ámbolos dous gobernos acordaron que ese sería o derradeiro atraso. A votación foi organizada de tal xeito que durase dúas semanas, dende o 23 de novembro até o 7 de decembro.

A votación tivo que facer fronte a un alto grao de dificultade na organización, xa que a maioría da poboación vive en pequenas aldeas e vilas, e case a metade da poboación é analfabeta.

En outubro de 2018, o antigo Taoiseach de Irlanda, Bertie Ahern, foi designado para presidir a Comisión de Referendo de Bougainville, que se encargou de preparar a votación.

Votantes En novembro, a comisión rematou a "lista de votantes certificados" para ser utilizada na votación. O número final de votantes foi 206 731, sobre unha poboación total de preto de 300 000 persoas. Os homes que estaban facendo o rito de iniciación upe tiveron permitido votar nuns colexios electorais especiais só para homes. Os habitantes de Bougainville que vivían noutras partes de Papúa-Nova Guinea, en Australia ou nas Illas Salomón tamén puideron exercer o seu voto.

+ Votantes rexistradosVotantesHomesMulleresXénero descoñecidoTotal Votantes residentes en Bougainville 98 565 95 371 80 194 016 Votantes fóra de Bougainville 6 846 5 844 25 12 715Total105 411101 215105206 731

Pregunta A pregunta que se lle fixo ós votantes foi:

Resultados Os resultados do referendo foron anunciados o 11 de decembro de 2019. Máis do 98% dos votos válidos foron a prol da independencia. Antes da elección, agardábase un resultado positivo da opción independentista, con The Guardian informando de estimacións do 90% a prol da independencia.

Un funcionario declarou que o referendo ía "mellor do agardado", e que os votantes estaban estusiasmados, e Divine Word University dixo que a votación celebrouse nunha atmosfera de celebración.

Repercusións Despois do anuncio do resultado, John Momis, presidente da Rexión Autónoma de Bougainville, declarou que "polo menos psicoloxicamente, sentímonos liberados". O ministros de Asuntos de Bougainville do goberno de Papúa-Nova Guinea, Puka Temu, declarou que "o resultado é crible", pero dixo que Papúa-Nova Guinea debería ter tempo para asimilar o resultado. Como o referendo non é vinculante, a independencia deberá ser negociada entre os líderes de Bougainville e Papúa-Nova Guinea. A decisión final sobre o status de Bougainville dependerá do Parlamento Nacional de Papúa-Nova Guinea. Rod McGuirk da revista Time declarou que "o proceso de converterse nun estado separado podería tardar anos en acadarse."

O primeiro ministro de Papúa-Nova Guinea, James Marape, recoñeceu o resultado do referendo e declarou que só comprometería o seu goberno a elaborar "unha folla de ruta que leve a un acordo de paz duradeiro" en acordo coas autoridades de Bougainville. Os funcionarios de Papúa-Nova Guinea manifestaron a súa preocupación de que a independencia de Bougainville sentase un precedente para outros movementos de secesión imitadores noutras provincias como Nova Bretaña Oriental, Nova Irlanda e Enga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Comisión do Referendo de Bougainville

Categoría:2019 Categoría:Descolonización Bougainville