El regreso é un filme venezolano de 2013 dirixido por Patricia Ortega. Estreouse nos cinemas comerciais de Venezuela o 30 de agosto de 2013. Baséase nos eventos reais do masacre de Baía Portete, ocorrido o 16 de abril de 2004, no cal un grupo paramilitar colombiano irrumpiu nun campamento wayuu e asasinou 12 persoas, provocando o desprazamento de máis de 600 persoas.
Sinopse Un grupo armado irrompe nunha vila wayuu en Baía Portete, na Alta Guajira colombiana. No medio do horror e o sangue, as mulleres arriscan as súas vidas para axudar ós seus fillos a fuxir. Shüliwala, unha nena de só 10 anos, logra fuxir a unha cidade fronteiriza, mais unha vez que se atopa neste estraño territorio, debe lograr sobrevivir e non perder a esperanza de regresar a casa.
Personaxes
Daniela González como Shüliwala Sofía Espinoza como Bárbara Gloria Jusayú como Nereida Dorila Echeto como Wattakuolu María Echeto como Dorila Laureano Olivares como Juan Jessica González como María Lilia González como Meche Aranaga Epiayú como José Adalberto Morales como Macunta Clara Prieto como Yonna Edelmira Hernández como Nisia Ángela Fernández como Wala Salvador Villegas como Marcos Segundo Bracho como Luis Antonio Villasmil como Caracortá Jesús Muñoz como Mechas Andrés Barrios como Parapeto Leonardo Isea como Pérez José Antonio Toledano como El gordo Gilberto González como Rodolfo Enrico Trabucchi como Queta
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua wayuu Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Venezuela