On a Tightrope é un filme documental noruegués de 2007 dirixido por Petr Lom. Foi coproducido por Piraya Film e Lom Films, en colaboración coa Fundación Rafto polos Dereitos Humanos.
Sinopse O filme conta a historia de catro nenos que viven nun orfanato na provincia de Xinjiang, na China. Os nenos son uigures, membros da meirande minoría musulmá da China. O seu soño é converterse en funambulistas, unha antiga tradición uigur.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua uigur Categoría:Filmes de Noruega