Xingu é un filme brasileiro de 2011 dirixido por Cao Hamburger e escrito por el, Elena Soárez e Anna Muylaert. Está protagonizado por João Miguel, Felipe Camargo e Caio Blat e conta a historia dos tres irmáns Villas-Bôas dende o momento que se uniron á expedición Roncador-Xingu, parte da marcha cara ó oeste de Getúlio Vargas en 1943.

Foi rodado en Tocantins, no parque indíxena do Xingu, e na rexión metropolitana de São Paulo. O filme foi exhibido por vez primeira en 2011, na 8ª edición do Festival de Cinema do Amazonas. A estrea oficial realizouse o 6 de abril de 2012. O filme foi visto por máis de 370 000 espectadores e recadou máis de catro millóns de reais nos portelos. Foi adaptado á televisión en catro episodios estreados en Rede Globo entre o 25 e o 28 de decembro de 2012.

Personaxes João Miguel como Claudio Villas Boas Felipe Camargo como Orlando Villas Boas Caio Blat como Leonardo Villas Boas Maiarim Kaiabi como Prepori Awakari Tumã Kaiabi como Pionim Adana Kambeba como Kaiulu Tapaié Waurá como Izaquiri Totomai Yawalapiti como guerreiro Kalapalo Maria Flor como Marina Augusto Madeira como Noel Nutels Fábio Lago como Bamburra

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes en lingua tupí Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Cao Hamburger Categoría:Filmes ambientados no Brasil Categoría:Filmes sobre pobos indíxenas do Brasil