Mateo é un filme colombiano de 2014 dirixido por María Gamboa e protagonizado por Carlos Hernández. Foi escollido como candidato colombiano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Mateo (Carlos Hernández) é un rapaz de 16 anos que é un extorsionador do seu tío Walter (Samuel Lazcano Monsalve), un recoñecido criminal. A súa nova misión é infiltrarse nun grupo de teatro para expoñer as actividades políticas dos actores que o conforman. Mateo, abraiado co mundo do teatro, debe decidir se revelar a información ó seu tío ou respectar as vidas dos seus novos amigos.

Elenco Carlos Hernández Felipe Botero Samuel Lazcano

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia