"The Bird Is the Most Popular Finger" é o terceiro lanzamento da banda estadounidense Shellac. O título é unha parodia ao álbum The Pigeon Is the Most Popular Bird de Six Finger Satellite, e foi orixinalmente o título dun artigo sobre Shellac que apareceu na revista Alternative Press tras o lanzamento dos anteriores sinxelos do grupo. Trátase dun 7" con dúas cancións publicado o 22 de agosto de 1994 a través do selo Drag City. Foi o primeiro lanzamento de Shellac que non publicou Touch and Go Records.

A primeiro canción, "The Admiral", é unha versión instrumental dun tema que apareceu posteriormente no álbum At Action Park, en outubro dese mesmo ano. "XVI" é unha versión alternativa da canción "Pull the Cup", tamén en At Action Park. As dúas cancións foron gravadas no apartamento de Todd Trainer, tal e como se documenta cunha impresión fotográfica incluída co sinxelo. O libreto detalla cada instrumento musical e cada peza de equio de gravación usada no sinxelo.

Listaxe de cancións

Cara A

"The Admiral" - 2:33

Cara B

"XVI" - 3:42

Notas

Categoría:Cancións de Shellac Categoría:Sinxelos de 1994