miniatura|180px|Parella de G. g. palmae. Gallotia galloti é unha especie de réptil da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos galotiinos, que é o tipo do xénero Gallotia.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1839 polo naturalista e ilustrador francés Paul-Louis Oudart, baixo o nome de Lacerta galloti.
Etimoloxía Tanto o nome do xénero como o específico son uns homenxes ao naturalista afeccionado francés D. Gallot, residente nas illas Canarias e que mandou en 1839 espécimes de lacértidos ao Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París, onde traballaba Oudart.Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Gallot, p. 97).
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse, entre outros, polos sinónimos: Lacerta galloti Oudart, 1839 (protónimo) Lacerta galloti galloti Mertens, 1934 Gallotia galloti galloti Bischoff, 1985 Gallotia galloti eisentrauti Bischoff, 1982 Gallotia galloti insulanagae Martin, 1985 Gallotia galloti insulanagaei Bischoff, 1985 Gallotia galloti palmae (Boetteger & Müller, 1914) Zootoca derbiana Gray, 1845
Subespecies Dentro da especie recoñécense as seguintes subespecies:Gallotia galloti en The Reptile Database. Gallotia galloti galloti (Oudart, 1839) — propia do centro e o sur de Tenerife. Gallotia galloti eisentrauti Bischoff, 1982 — no norte de Tenerife. Gallotia galloti insulanagae Martin, 1985 — no macizo de Anaga (Tenerife). Gallotia galloti palmae (Boetteger & Müller, 1914) — en La Palma.
Hábitat e distribución Hábitat Gallotia galloti é común en varios hábitats abertos, rochosos e aebustivos. Asóciase comunmente en paredes de rochas en áreas cultivadas. É máis rara nas zonas boscosas, especialmente na laurisilva. Pódese encontrar até a alta montaña (até os 3 000 m de altura en Tenerife).
Distribución É unha especie endémica das illas de Tenerife e La Palma, e foi introducida en Morro Jable, na península de Jandía (Fuerteventura).José Antonio Mateo Miras, Valentín Pérez-Mellado, Íñigo Martínez-Solano (2009): Gallotia galloti na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 20 de novembro de 2019.
Catacterísticas miniatura|250px|Macho de G. g. galloti. miniatura|250px|Femia a punto de desovar. Os machos chegan a alcanzar os 30 cm de longo. A longitud de cabeza e tronco, nos machos, alcanza 14,5 cm, e as femias, máis pequenas, só chegan aos 13,32 cm. O colar é liso con bandas escuras. A garganta, negra escura nos machos.
Os machos presentan unha mancha azul na cara (sobre todo na subespecie do norte de Tenerife, G. g. eisentrauti (pero que non teñen os machos da subespecie do sur desta illa, G. g. galloti), que se intensifica na época de celo. As femias e os inmaturos teñen unha coloración máis críptica, existindo polo menos dous patróns diferentes: un con dúas liñas de cor marrón claro no dorso e outro con pequenas pencas, sen liñas diferenciadas. O iris é de cor amarela intensa.
Diferéncianse das outras especies de Gallotia, entre outras cousas, polo número de fileiras lonxitudinais na cara ventral do animal (de 12 a 14 nesta especie).
Bioloxía Aliméntanse fundamentalmente de insectos e plantas.
A época de reprodución comeza en primavera (abril a xuño). O embrión permanece dentro da femia un mes e, despois da posta -en terra- as crías tardan dous meses máis en eclosionar, a finais de agosto-principios de setembro, cando empezan a poder detectarse.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bischoff, W. (1985): "Die Herpetofauna der Kanarischen Inseln. VI. Die Kanareneidechse Gallotia golloti (Oudart, 1839)". Herpetofauna 7 (39): 11-24. Thorpe, R. S. & Brown, P. R. (1989): "Microgeographic variation in the colour pattern of the lizard Gallotia galloti within the island of Tenerife: distribution, pattern and hypothesis testing". Biological Journal of the Linnean Society 38 (4): 303-322.
Outros artigos Lacértidos Galotiinos Gallotia
Ligazóns externas Gallotia galloti na ADW. Gallot's Canary Island Lizard. Gallotia galloti (Oudart 1839) na EOL.
Categoría:Animais descritos en 1839 Categoría:Réptiles de España Categoría:Fauna endémica de España