Ehrenfried Schenkel, tamén coñecido como Ehrenfried Schenkel-Haas, nado en Basilea o 10 de maio de 1869 e finado en 1953, foi un zoólogo suízo especializado en aracnoloxía.

Así mesmo, tamén fixo importantes achegas á herpetoloxía.

Traxectoria Nado en Basilea o 10 de maio de 1869, obtivo a cátedra de Historia Natural na Universidade desta cidade en 1892.Biografía na páxina web do Grupo Ibérico de Aracnología.

Entre 1890 e 1902 foi conservador no Museo de Historia Natual de Basilea. Alí relacionose co herpetólogo Fritz Müller, e tivo a oportunidade de estudar réptiles, e tamén peixes e crustáceos, pero principalmente centrou a súa atención nos arácnidos aos que posteriormente dedicou todo o seu tempo libre.

En 1902 abandonou o seu cargo de conservador para estudar Química, pero a química non lle acabou de satisfacer e dedicouse ao ensino nunha escola secundaria de Basilea desde 1909 a 1935.

Os seus estudos centráronse na fauna aracnolóxica de Suíza, o Tesino, de Alemaña, do Ártico (Illas Feroe, Laponia, Escandinavia), da China, da Península Ibérica, e das illas Canarias, Madeira e Azores.

Taxóns descritos Schenkel foi o descritor, entre outras, as seguintes especies: Gallotia stehlini, lacértido endémico de Gran Canaria. Mesalina bernoullii, lacértido endémico do Oriente Medio.

(Ver a lista completa das especies descitas por este autor).Lista completa de taxons descritos, en Wikispecies

Algunhas publicacións "Schwedisch-chinesische wissenschaftliche Expedition nach den nordwestlichen Provinzen Chinas, unter Leitung von Dr Sven Hedin und Prof. Sü Ping-chang. Araneae gesammelt vom schwedischen Artz der Exped". Arkiv för Zoologi. 29 (A1): 1-314, 1936. "Beitrag zur Spinnenkunde". Revue Suisse de Zoologie 46 (3): 95-114. Texto completo en (PDF), 1953. "Bericht über einige Spinnentiere aus Venezuela". Verhandlungen der Naturforschenden Gesellschaft in Basel 64: 1-57, 1953. "Chinesische Arachnoidea aus dem Museum Hoangho-Peiho in Tientsin". Boletim do Museu Nacional do Rio de Janeiro (N. S., Zool.) 119: 1-108, 1953 "Ostasiatische Spinnen aus dem Muséum d‘Histoire naturelle de Paris". Mémoires du Muséum National d’Histoire Naturelle de Paris (Série A – Zoologie)'' 25 (2): 1-481, 1963.

(Ver relación comleta das súas poblicacións na biografía do GIA).

Abreviatura A abreviatura Schenkel''' emprégase para recoñecer a como autoridade na decrcición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ehrenfried Schenkel (also Schenkel-Haas). Biografía (con fotografía do autor). Universidade Federal do Rio de Janeiro .

Categoría:Científicos de Suíza Categoría:Zoólogos de Suíza Categoría:Nados en Basilea Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade de Basilea