Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
Historia Songkick foi fundada en 2007 por Ian Hogarth, Michelle You e Pete Smith como parte do programa Y Combinator, un acelerador de sementes centrado en start-ups tecnolóxicas. O modelo de negocio inicial de Songkick, baseada no seu servizo de descubrimento de concertos, baseouse nas tarifas de referencia das compañías de venda de entradas. A compañía lanzou a súa primeiro aplicación móbil en 2011. En xuño de 2015 Songkick fusionouse con CrowdSurge, un provedor de servizos de venda de entradas para artistas. CrowdSurge fora fundado por Matt Jones en 2008, e el e Hogarth dixeron que decidiran unir as dúas compañías para corrixir "unha masiva ineficiencia no mercado". Acompañía combinada continúa operando baixo a marca Songkick. Jones e Hogarth traballaron como co-CEOs de Songkick ata que Jones tomou ese rol en solitario en xaneiro de 2016.
Warner Music Group anunciou en xullo de 2017 a compra da app de Songkick para atopar concertos e a marca rexistrada da compañía por 5 millóns de dólares. A app continuou operando como unha marca independente supervisada pola división de servizos de artistas e selos de Warner Music.
O CEO de Songkick CEO Matt Jones anunciou en outubro de 2017 que a compañía deixaría de vender entradas a finais dese mes, un proceso iniciado "a principios deste ano cando Ticketmaster e Live Nation bloquearon efectivamente o noso negocio de venda de entradas nos Estados Unidos". En xaneiro de 2018 Live Nation resolveu a súa demanda con Songkick por 110 millóns de dólares.
Songkick ten sistemas para detectar a revenda, reducindo os incentivos por revender (creando áreas de admisión xeral en vez de asentos asignados) e facendo máis doado aos fans mercar as entradas (realizando varios lanzamentos de entradas, non só un), reducindo a porcentaxe de entradas que rematan no mercado secundario ao 1,5% do total.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Songkick
Categoría:Sitios web de música