A dos apodinos (Apodinae) é unha subfamilia de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes e familia dos apódidos.Apodinae no ITIS.Chantler, P. (2016): Swifts (Apodidae). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.

Comprende tres tribos con 17 xéneros que inclúen en conxunto 83 especies.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1887 polo ornitólogo francés Léon Olphe-Galliard.

Etimoloxía O nome científico Apodinae está formado, como é a norma, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Apus coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.

Clasificación A subfamilia comprende as seguintes tres tribos:

Apodini Collocaliini Chaeturini

Características As especies desta tribo caracterízase polo seu corpo estilizado con ás moi longas e estreitas, e unhas patas moi curtas e ineficaces para camiñaren polo solo, e que só son adecuadas para aferrarse. A súa plumaxe na primavera ten cores adecuados para camuflarse. Os apodinos pertencen ao grupo das mellores aves voadoras do mundo, e moitas das especies poden permaneceren en voo durante meses. Comen, dormen e se reproducen no aire, e só aterran poñeren os ovos. O seu alimento consiste en insectos voadores, que capturan en voo, a miúdo xusto na superficie da auga ou por riba doutro tipo de zonas húmidas. A auga é, polo tanto, un elemento importante para estas especies.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Josep del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool, Peter Boesman & Guy M. Kirwan (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1. Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / Birdlife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos Apodiformes Apódidos

Categoría:Apódidos