Ozod Muhiddinovna Aminova (), nada en Khujand o 1 de outubro de 1933 e finada o 7 de xuño de 2009 foi unha escritora soviética-taxica, coñecida tamén como Ozod. Traxectoria

Naceu en Khujand, por entón chamada Leninabad. É filla do poeta e músico Muhiddin Aminzoda. Graduouse no Instituto Pedagóxico de Khujand en 1958, e deu clases na vila até 1970. Nese ano uniuse ao Partido Comunista da Unión Soviética. Entre 1971 e 1990 foi editora do xornal local Haqiqati Leninabad. Nese ano pasou a traballar na Asociación de Escritores de Tadjiikistán, do que é membro desde 1965.

Obra

Comezou a publicar a súa obra a mediados da década de 1950. Nos seus textos trata temas como o patriotismo, o amor, a lealdade ou a liberdade das mulleres soviéticas.Boa parte da súa obra foi traducida ao ruso, e algúns poemas a outras linguas da Unión Soviética.

Satrhoi Nakhustin ("As primeiras liñas", 1965) Ba Yodi Tu ("Pensando en ti", 1971) Chashmi Bidor ("Ollo esperto", 1975) Didori Sahro ("Visita aos campos", 1975; escrita na honra da enxeñeira Dilbarniso Nurmatova) Modarnoma ("En louvanza da nai", 1981) Piroyai Sabz ("Ornamento verde", 1983) Man Ham Maktabkhon Shudam ("Eu tamén aprendín", 1981) Guldasta ("Bouquet", 1984) Recoñecementos En 1982 gañou o Premio Komsomol de Tadjiikistán pola súa obra. Tamén recibiu a Orde Honoraria do Presidio dos Soviets Supremos de Tadjiikistán e Acerbaixán. Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en Tadjiikistán Categoría:Escritores de Tadjiikistán Categoría:Escritores da Unión Soviética Categoría:Escritores en lingua taxica Categoría:Personalidades sen imaxes