A dos apodininos (Apodini) é unha tribo de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes, familia dos apódidos e subfamilia dos apodinos.Chantler, P. (2016): Swifts (Apodidae). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
Taxonomía Etimoloxía O nome científico Apodini está formado, como é a norma, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Apus coa adición do sufixo do latín científico -ini, propio dos nomes das tribos de animais.
Nome en galego En galego, como nalgunhas outras linguas románicas, como o castelán, o sufixo latino -ini adáptase como ininos para evitar a confusión que se produciría co nome da subfamilia, "apodinos", xa que adapación normal de Apodini sería igualmente "apodinos", como ocorre tamén, por exemplo, coa tribo dos felininos (Felini).
Xéneros A tribo comprende os seguintes seis xéneros:Chantler, P. (2016): Swifts (Apodidae). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
Aeronautes (con 3 especies) Apus (con 17 especies) Cypsiurus (con 2 especies) Panyptila (con 2 especies) Tachornis (con 3 especies) Tachymarptis (con 2 especies)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Josep del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool, Peter Boesman & Guy M. Kirwan (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1. Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / Birdlife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos Apodiformes Apódidos Apodinos
Categoría:Apódidos