Khalifa bin Said bin Sultan Al-Nahian (en ), nado o 7 de setembro de 1948 e finado o 13 de maio de 2022, foi presidente dos Emiratos Árabes Unidos, emir de Abu Zabi, comandante supremo das Forzas de Defensa da Unión e presidente do Consello Supremo do Petróleo.
O xeque Khalifa tamén foi presidente do fondo soberano de investimento Abu Dhabi Investment Authority, que xestionaba 875 millóns de dólares en activos, a maior cantidade xestionada por un xefe de estado no mundo. Crese que a familia Al Nahyan posuía unha fortuna de 150 000 millóns de dólares.
O xeque Khalifa sucedeu ao seu pai, Zayed bin Sultan Al Nahyan, como emir de Abu Zabi o 2 de novembro de 2004 e converteuse no presidente dos Emiratos Árabes Unidos ao día seguinte. Como príncipe herdeiro, xa manexaba de facto algúns aspectos da presidencia dende finais dos noventa, mentres seu pai se enfrontaba a problemas de saúde.
En xaneiro de 2014, Khalifa sufriu un ictus pero recuperouse. Con todo, dende entón non participou tanto nos asuntos do Estado, aínda que conservaba os poderes presidenciais. O seu medio irmán o xeque Mohammed bin Zayed Al Nahyan levou entón algúns asuntos públicos de Estado e toma de decisións cotiás do emirato de Abu Zabi.
Traxectoria
Infancia e xuventude Khalifa naceu o 7 de setembro de 1948 en Qasr Al-Muwaiji, Al Ain, en Abu Zabi (entón parte dos Estados da Tregua), sendo o fillo máis vello de Zayed bin Sultan Al Nahyan, e Hassa bint Mohammed bin Khalifa Al Nahyan.
1966–1971 Cando seu pai, Zayed, se converteu no emir de Abu Zabi en 1966, Khalifa foi nomeado Representante do Gobernante (alcalde) na Rexión Oriental de Abu Zabi e xefe do Departamento de Tribunais en Al Ain. Zayed era o Representante do Gobernante da Rexión Oriental antes de converterse no emir de Abu Zabi. Uns meses despois, o cargo foi asignado a Tahnoun bin Mohammed Al Nahyan.
O 1 de febreiro de 1969, Khalifa foi nomeado príncipe herdeiro de Abu Zabi, e ao día seguinte foi nomeado xefe do Departamento de Defensa de Abu Zabi. Nese posto supervisou a creación da Forza de Defensa de Abu Zabi, que despois de 1971 converteuse no núcleo das Forzas Armadas dos Emiratos Árabes Unidos.
Independencia en 1971 Despois do establecemento dos Emiratos Árabes Unidos en 1971, Khalifa asumiu varios cargos en Abu Zabi: primeiro ministro, xefe do Gabinete de Abu Zabi (baixo o seu pai), ministro de Defensa e ministro de Economía. Despois da reconstrución do Gabinete dos Emiratos Árabes Unidos, o gabinete de Abu Zabi foi substituído polo Consello Executivo de Abu Zabi, e Khalifa converteuse no segundo vicepresidente dos Emiratos Árabes Unidos (23 de decembro de 1973) e presidente do Consello Executivo. de Abu Dhabi (20 de xaneiro de 1974), baixo a presidencia de seu pai.
En maio de 1976, converteuse en vice-comandante das Forzas Armadas dos Emiratos Árabes Unidos, baixo o presidente. Tamén chegou a ser o xefe do Consello Supremo do Petróleo a finais dos anos 80, e continuou nesta posición ata a súa morte, o que lle outorgou amplos poderes en materia enerxética. Tamén foi o presidente da Axencia de Investigación Ambiental e Desenvolvemento de Vida Silvestre.
Presidencia (2004-2022) esquerda|miniatura|Khalifa bin Zayed Al Nahyan co presidente de Rusia Vladimir Putin o 10 de setembro de 2007. Accedeu aos cargos de emir de Abu Zabi e presidente dos Emiratos Árabes Unidos o 3 de novembro de 2004, en substitución de seu pai Zayed bin Sultan Al Nahyan, que morrera o día anterior.
O 1 de decembro de 2005, o presidente anunciou que a metade dos membros do Consello Nacional Federal (FNC), unha asemblea que aconsella o presidente, serían indirectamente electos. Non obstante, a metade dos membros do consello aínda deberían ser designados polos líderes dos emiratos. As eleccións celebraríanse en decembro de 2006. esquerda|miniatura| Khalifa e o presidente estadounidense George W. Bush no aeroporto internacional de Abu Zabi o 13 de xaneiro de 2008 En 2010, Khalifa foi descrito nun cable de WikiLeaks asinado polo entón embaixador estadounidense Richard G. Olson como un "personaxe distante e pouco carismático". O 4 de xaneiro de 2010, a estrutura artificial máis alta do mundo, coñecida orixinalmente como Burj Dubai, foi rebautizada como Burj Khalifa no seu honor.
En marzo de 2011, Khalifa enviou a Forza Aérea dos Emiratos Árabes Unidos a apoiar a intervención militar en Libia contra Muammar al-Gaddafi, xunto a forzas da OTAN, Qatar, Suecia e Xordania.
Khalifa comprometeu o apoio total dos Emiratos Árabes Unidos ao réxime de Bahrain ante o levantamento en prol da democracia en 2011.
Tamén en 2011, Khalifa foi clasificado segundo a revista Forbes como o cuarto monarca máis rico do mundo, estimándose en 15.000 millóns de dólares a súa fortuna. En 2013, botou o Azzam, o iate a motor máis longo xamais construído, con 180 metros de longo e un custo de entre 400 e 600 millóns de dólares.
No outono de 2011, os Emiratos iniciaron un programa para promover a "lealdade" a Khalifa e outros líderes dos Emiratos. O programa continuou e animou non só os nacionais dos Emiratos, senón tamén os residentes de calquera nacionalidade a rexistrar o seu "agradecemento, recoñecemento e lealdade" aos Emires.
En xaneiro de 2014, Khalifa sufriu un ictus e informouse que se atopaba nun estado estable despois de someterse a unha operación.
Investimentos e axuda exterior Os rexistros do goberno das Seychelles mostran que dende 1995 Khalifa gastou 2 millóns de dólares comprando máis de 66 hectáreas de terra na illa principal de Mahé, onde se está a construír o seu palacio. O goberno das Seychelles recibiu grandes paquetes de axuda dos Emiratos Árabes Unidos, destacando unha inxección de 130 millóns de dólares que se utilizou para servizos sociais e axuda militar, financiando barcos de patrullas para os esforzos antipirataría das Seychelles. En 2008, os Emiratos Árabes Unidos acudiron á axuda do endebedado goberno das Seychelles, cunha inxección de 30 millóns de dólares.
Khalifa pagou 500.000 dólares polos terreos de 29,8 hectáreas do seu palacio en 2005, segundo o documento de vendas. Unha autoridade de planificación de Seychelles rexeitou inicialmente os plans de construción do palacio, unha decisión anulada polo gabinete do presidente James Michel. Un mes despois do inicio da construción do palacio, a compañía nacional de servizos públicos advertiu de que os plans do local representaban ameazas ao abastecemento de auga. Joel Morgan, ministro de Medio Ambiente de Seychelles, dixo que o goberno non licitou as terras porque quería que fosen para Khalifa. Engadiu que pode que non se respectase a lei na venda dos terreos. En febreiro de 2010, o sistema de sumidoiros creado por Ascon, a empresa que construía o palacio, para os traballadores da construción do palacio, desbordouse, enviando ríos de residuos pola rexión, que alberga a máis de 8000 residentes. As axencias do goberno local e os funcionarios de Khalifa responderon rapidamente, enviando expertos técnicos e enxeñeiros. Os funcionarios do goberno concluíron que Ascon ignorou os códigos de saúde e de construción dos seus traballadores e multaron á empresa con 81.000 dólares. Ascon culpou do suceso a "condicións meteorolóxicas imprevistas". A oficina presidencial de Khalifa ofreceuse a pagar 15 millóns de dólares para substituír o sistema de canalización de auga polo monte. E os representantes do goberno de Seychelles e residentes din que Ascon se ofreceu a pagar aproximadamente 8.000 dólares a cada un dos 360 fogares afectados pola contaminación.
En abril de 2016, Khalifa apareceu nos Papeis de Panamá desvelados por un consorcio internacional de xornalistas. Segundo estes, posuía propiedades de luxo en Londres por valor de máis de 1.700 millóns de dólares a través de compañías fantasma que Mossack Fonseca creou e administraba para el nas Illas Virxes Británicas.
Condecoracións
Honras estranxeiras
: 90px Colar da Orde do Mérito Civil : 90px Gran Cruz honoraria da Orde do Baño
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Khalifa bin Zayed Al Nahyan na Wayback Machine.
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Presidentes dos Emiratos Árabes Unidos Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil