Óscar Horta Álvarez, nado en Vigo o 7 de maio de 1974, é un activista polos dereitos dos animais e filósofo moral galego. É profesor na Universidade de Santiago de Compostela e membro da organización Ética Animal. Tamén foi investigador na Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e na Universidade de Rutgers.

Pensamento Horta definiu o especismo como unha forma de discriminación contra quen non pertence a unha ou máis especies, entendendo por discriminación unha consideración ou trato desigual inxustificado.Horta, Oscar. 2010. "What is speciesism?" Journal of Agricultural and Environmental Ethics 23 (3): 243-66, pp. 244-27. Considera que son especistas todas as formas de discriminación que distinguen entre aqueles individuos que pertencen a distintas especies, sexa a razón para esta a mera pertenza á especie ou outras razóns (como a posesión de capacidades cognitivas complexas).A súa posicióne é criticada en Jaquet, François. 2019. "Is speciesism wrong by definition?. Journal of Agricultural and Environmental Ethics, 1-12, quen defende unha concepción descritiva en lugar de normativa como a de Horta. Indicou que se sostén o mesmo no caso do racismo ou o sexismo. Tamén argumentou que a discriminación contra os animais non humanos é só un caso de especismo, o antropocentrismo, pois tamén sería especista discriminar certos animais non humanos fronte a outros.Horta, Oscar. 2013. "Animals, Moral Status of", in LaFollette, Hugh, International Encyclopedia of Ethics. Hoboken: Wiley, 292-302 Esta posición sería contraria á defendida en Waldau, Paul. 2001. The Specter of Speciesism: Buddhist and Christian Views of Animals. Oxford: Oxford University Press. No que atinxe aos argumentos acerca do especismo antropocéntrico, examinou en particular o argumento da superposición de especies e o argumento da relevancia.Horta, Oscar. 2010. "El fracaso de las respuestas al argumento de la superposición de especies. Parte 1: la relevancia moral de los contraejemplos a las defensas del antropocentrismo". Astrolabio: Revista Internacional de Filosofía. 10: 55-84.Horta, Oscar. 2014. "The scope of the argument from species overlap". Journal of Applied Philosophy 31 (2): 142-54. .Horta, Oscar. 2018. "Moral considerability and the argument from relevance" Journal of Agricultural and Environmental Ethics 31 (3): 369-88, p. 370.

Tamén traballou acerca da situación dos animais no mundo salvaxe, argumentando que, contra a visión idílica da natureza, os animais enfróntanse a diferentes causas de sufrimento, e investigando as situación nas que é posíbel prestarlles axuda sen causar danos maiores. Horta, Oscar. 2017. "Contra a ética da ecologia do medo: por uma mudança nos objetivos de intervenção na natureza", Ethic@, 16, 165-188. .Horta, Oscar. 2015. "O problema do mal natural: bases evolutivas da prevalência do desvalor ". Revista Brasileira de Direito Animal, 10, 111-135 .Horta, Oscar. 2013. "Zoopolis, Intervention and the State of Nature". Law, Ethics and Philosophy 1: 113-125. Horta, Oscar. 2017. "Animal Suffering in Nature: The Case for Intervention". Environmental Ethics 39 (3): 261-79 .Dorado, Daniel. 2015. "Ethical Interventions in the Wild. An Annotated Bibliography". Relations. Beyond Anthropocentrism 3 (2): 219-38. .

Por outra banda, de xeito non restrinxido ao ámbito específico da ética animal, puxo en dúbida o concepto de status moral,Horta, Oscar. 2017. "Why the concept of moral status should be abandoned" Ethical Theory and Moral Practice 20 (4): 899-910. e propuxo revisar os criterios a incluír na definición da discriminación.Horta, Oscar. 2010. "Discrimination in Terms of Moral Exclusion". "Theoria: Swedish Journal of Philosophy" 76: 346-364 .Horta, Oscar. 2015. "Does Discrimination Require Disadvantage?". "Moral Philosophy and Politics" 2: 277-297 . Así mesmo, traballou sobre o problema da transitividade na teoría do valor. Horta, Oscar. 2011. "Betterness, Spectrum Cases and the Challenge to Transitivity in Axiology", Diacritica. 25: 125-137.Horta, Oscar. 2014. "In Defense of the Internal Aspects View: Person-Affecting Reasons, Spectrum Arguments and Inconsistent Intuitions", Law, Ethics and Philosophy. 2: 91-111.

Publicacións Libros

Artigos académicos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Oscar Horta en Academia.edu Oscar Horta en Google Académico Oscar Horta en PhilPapers

Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Filósofos do século XXI