Dog Islands (illas dos cans) son un pequeno grupo de illotes entre as Illas Virxes Británicas do Caribe.

As illas recibiron orixinalmente o seu nome polos mariñeiros que escoitaron ladrar cando amarraban alí e asumiron que debían ser cans. Non obstante, os ruídos de ladridos eran feitos pola foca Neomonachus tropicalis. Os mariñeiros tamén consideraron esta foca caribeña como unha boa fonte de carne de foca fresca e, como resultado, agora están extinguidas.

Xeografía As Illas Dogs están situadas preto de 10 km. ao nordés da illa principal de Tórtola e preto de 4 km. ao noroeste de Virgin Gorda no estreito Canle Sir Francis Drake. As coordenadas do illote principal son 18°28′96″ N e 64°27′70″ W.

Os illotes deshabitados teñen orixe volcánico e teñen unha superficie total de aproximadamente 70 ha.

O grupo consta de 5 illotes:

Illa Great Dog, illote principal, sobre 0´40 km² Illa George Dog, aproximadamente 0´06 km² Illa West Dog, aproximadamente 0´11 km²

e o subgrupo Seal Dogs sobre 2´9 km. ao nordés da illa Great dog con

Illa East Seal Dog, aproximadamente 1 hectárea e Illa Little Seal Dog (chamada West Seal Dog), sobre 2´3 ha.

Situada ao oeste de George Dog e dentro do mesmo subgrupo atópase o pequeno illote Illa Cockroach.

Historia O primeiro avistamento europeo das Illas Virxes foi por Cristovo Colón en 1493 na súa segunda viaxe ao Novo Mundo. Colón deu á zona o nome fantasioso "Santa Ursula y las islas once mil vírgenes" (Santa Úrsula e as súas 11.000 Virxes), acurtado a "Las Vírgenes" (As Virxes), pola lenda de Santa Ursula.

Hoxe as augas arredor dos illotes son un sitio popular para o mergullo (3).

West Seal Dog é hoxe en día un parque nacional das IVB.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas about "The Dogs" map of "The Dogs" about Seal Dogs about West Dog about dive sites at "The Dogs"

Categoría:Illas Virxes Británicas