miniatura O merlo de colar, ás veces merlo papobrancoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Turdus torquatus) é unha ave de Europa da familia dos tordos e os merlos Turdidae. Pode considerarse o equivalente de zonas montañosas da especie moi relacionada merlo común (T. merula). Reprodúcese en barrancos, áreas rochosas ou derrubas de ladeira.

Nomenclatura O nome científico deriva das palabras do latín turdus, 'tordo', e torquatus, 'con colar'.

A especie foi descrita por Carl Linnaeus na súa obra Systema naturae en 1758 co mesmo nome científico que ten hoxe.

Taxonomía Existen unhas 65 especies de tordos de mediano ou gran tamaño no xénero Turdus. Aínda que hai dúas especies de tordos europeos que son derivacións temperáns da liñaxe eurasiática de Turdus despois de que se espallasen polo norte de África, o caso do merlo papobranco é distinto, xa que descende de antepasados que colonizaron as illas do Caribe procedentes de África e posteriormente chegaron a Europa desde alí.

Descrición

O macho adulto é todo negro excepto na área con forma de media lúa que ten no peito e un peteiro amarelado. As ás teñen unha aparencia prateada debido ás beiras brancas das plumas. Diferénciase doadamente do merlo común polo babeiro branco do peito. Algunhas das plumas vólvense agrisadas en outono, dándolle un aspecto escamento.

A femia é similar pero máis clara, e os individuos xoves adoitan carecer da área de media lúa no peito e teñen plumaxe marrón parecéndose ás femias.

Comportamento e ecoloxía

Reprodúcese nas rexións altas de Europa central e occidental e tamén no Cáucaso e nas montañas de Escandinavia. A maioría das poboacións son migratorias, e invernan na rexión mediteránea. Está declinando en parte da súa área de distribución, especialmente en Irlanda, onde xa se reproduce só en dous condados. En España inverna nos montes de Teruel, a serra de Ronda (Málaga) e a serra da Tramontana (Mallorca), preferentemente en zonas cubertas de xenebreiros, cuxos froitos inxire nesta época. En Galicia é unha ave de paso rara. miniatura|Un merlo papobranco disecado É territorial e normalmente pode verse só ou en parellas, aínda que poden formarse algunhas bandadas pouco cohesionadas durante a migración. Cando non se está reproducindo, poden asociarse laxamente tamén varios exemplares nas boas áreas de alimentación, como unha árbore froiteira, a miúdo con outros túrdidos.

O macho canta a súa canción alta e triste formada por varias frases curtas que se repiten de 2 a 4 veces (tac-tac-tac, chuc-chuc-chuc-chuc), xeralmente nunha póla dunha árbore, nunha rocha ou no chan, aínda que ás veces o fai en pleno voo. Nese caso o son faino unha soa vez e parécese a un chuirrr.

Dieta É omnívoro e come unha gran variedade de insectos, miñocas terrestres, pequenos roedores, réptiles e froitos.

Reprodución miniatura|Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden O merlo papobranco fai o niño en arbustos ou entre rochas, poñendo varios ovos azuis claros con pintas marróns, nun niño con forma de copa de marzo a abril.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Clement e Hathaway, Thrushes

Ligazóns externas Ageing and sexing (PDF; 0.9 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze

Categoría:Túrdidos Categoría:Animais descritos en 1758