miniatura|O. h. hispanica miniatura|Ovos de O. hispanica de Alxeria. O pedreiro rubio (Oenanthe hispanica) é unha especie de ave paseriforme da familia Muscicapidae propia de Eurasia e África. É un paxaro migratorio que cría no sur de Europa, Oriente Próximo e noroeste de África, e pasa o inverno no Sahel.

É un paxaro insectívoro que mide 13,5 a 15,5 cm de lonxitude.

Taxonomía O pedreiro rubio foi descrito cientificamente en 1758 por Carl Linnaeus, na décima edición da súa obra Systema naturæ, co nome de Motacilla hispanica.Caroli Linnæi. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) p. 186. Posteriormente foi trasladada ao xénero Oenanthe. Como toda a subfamilia Saxicolinae anteriormente clasificábase na familia Turdidae, pero agora clasifícase na familia Muscicapidae.

Recoñécense as seguintes subespecies:Frank Gill & David Donsker, Chats, Old World flycatchers. IOC World Bird List v. 8.1 O. h. hispanica (Linnaeus, 1758), subespecie occidental, presente na Europa Occidental mediterránea e o Magreb. O. h. melanoleuca (Güldenstädt, 1775), subespecie oriental, que vive en Europa Oriental mediterránea e Oriente Próximo.

Ambas migran ao Sáhel e en ambas a gorxa pode ser negra ou clara. Aparece como ave errante ocasional no oeste de Europa. En Galicia é unha ave estival de paso.Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Videos de pedreiro rubio en Internet Bird Collection (en inglés) Collalba rubia (PDF) por Javier Blasco-Zumeta Sons e mapa de distribución de Oenanthe hispanica en Xeno-canto.

Categoría:Muscicápidos Categoría:Túrdidos Categoría:Animais descritos en 1758