Cthulhu Macula (formalmente Cthulhu Regio) é unha destacada característica da superficie de Plutón, que se asemella á forma dunha balea. É unha rexión ó longo do ecuador de Plutón de case 3.000 km de longo e un dos accidentes xeolóxicos máis escuros de Plutón. Fica ó oeste de Sputnik Planitia, a cal pertence á Tombaugh Regio.

Descrición Especúlase con que a cor escura da rexión é o resultado dun "alcatrán" feito de hidrocarburos complexos chamados tolinas, que cobren a superficie, o cales fórmanse a partir do metano e do [nitróxeno] da atmosfera, ó interactuar coa luz ultravioleta e raios cósmicos. As tolinas foron observadas noutros corpos planetarios, coma Iapeto, Umbriel e na atmosfera de Titán, aínda que a natureza irregular e a falta conexión entre as manchas escuras de Plutón aínda non se explicou. A presenza de cráteres dentro de Cthulhu indica que ten quizais miles de millóns de anos, ó contrario da brillante e adxacente Sputnik Planitia, que case non ten cráteres e que podería ter ata 100 millóns de anos; porén, algunhas zonas de Cthulhu Macula teñen unha orografía máis suave e con menos cráteres, cunha idade intermedia. A rexión occidental está formada principalmente por un terreo alpino con moitos cráteres. Mentres tanto, a parte central de Cthulhu Macula é unha chaira lisa, probablemente formada por grandes erupcións criovolcánicas, como o Vulcan Planum en Caronte. Esta parte parece ser máis nova có terreo alpino que está cara ó leste, pero hai que subliñar que existen nesta rexión varios grandes cráteres. A rexión occidental da "cola" de Cthulhu Macula foi fotografada nunha resolución moi baixa en comparación cá parte oriental, pero pódese inferir que se trata dunha paisaxe montañosa bordeada de montañas cara ó oeste.http://www.hou.usra.edu/meetings/lpsc2016/pdf/2310.pdf As imaxes de maior resolución da fronteira entre as dúas rexións indican có material máis lixeiro de Sputnik Planitia, composto de nitróxeno, monóxido de carbono e xemas de metano, podería invadi-la parte máis oriental Cthulhu Macula e cubri-lo material máis escuro desta. A 30 de xullo do 2015, a rexión oriental ("a cabeza") fora fotografada cunha resolución moito maior cá rexión occidental ("a cola").

Nomeamento A característica foi identificada por primeira vez na imaxe inicial (publicada por primeira vez o 8 de xullo de 2015) de Plutón, devolta esta despois de que a sonda New Horizons se recuperase dunha anomalía que a enviaba temporalmente ó modo de seguridade. A NASA referíase a ela inicialmente coma a balea en referencia á súa forma. O 14 de xullo de 2015, o nome provisional de "Cthulhu" estaba sendo usado polo equipo da New Horizons. Máis tarde sería bautizada co nome da deidade ficticia das obras de H. P. Lovecraft. A figura de Cthulhu apareceu inicialmente no relato curto de Lovecraft de 1928, "A chamada de Cthulhu", como unha entidade maliciosa que hiberna dentro da cidade submarina de R'lyeh no océano Pacífico Sur. No libro, é obxecto de culto por unha serie de grupos humanos que afirman que mentres siga atrapado, Cthulhu volverá. En moitas das historias de Lovecraft, particularmente en The Whisperer in Darkness, o planeta transneptuniano Yuggoth sobreentendese que é o mesmo que Plutón, que foi descuberto ó mesmo tempo que Lovecraft estaba escribindo as súas historias.

As características de superficie de Plutón están a ser bautizadas de xeito provisional, estes nomes informais selecciónanse dunha lista xerada a partir dunha enquisa en liña realizada a comezos do 2015, co tema de "criaturas relacionadas coas mitoloxías do inframundo". "Cthulhu" foi o nome máis popular nesta categoría da enquisa. O nome recibiu reacción positiva da prensa e das redes sociais, cun editorial do Chicago Tribune apoiando o nome e a súa orixe democrática. O nome Cthulhu podería ser enviado á UAI coma nome oficial. Cthulhu Macula foi inicialmente unha regio, pero agora considérase que é a maculae máis grande, a cal abrangue o ecuador de Plutón.

Cthulhu Macula contén moitos cráteres e características lineais que tamén recibiron nomes informais. Os cráteres Oort, K. Edgeworth e Elliot, son grandes cráteres ó longo do bordo norte de Cthulhu; mentres que os cráteres Brinton, Harrington, e H. Smith están preto do bordo oriental de Cthulhu, e Virgil Fossa e Beatrice Fossa son depresións lineais no interior de Cthulhu.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lúas de Plutón Tombaugh Regio Virgil Fossa Beatrice Fossa

Categoría:Plutón Categoría:Regiones