Dire Dawa (en , en , lit. "Lugar de remedio",Kefale, Asnake. "Ethnic Federalism and Conflict Management in Ethiopia: The Case of Dire Dawa" in Luc Sindjoun (ed.)'s The Coming African Hour: Dialectics of Opportunities and Constraints, p. 209. Africa Institute of South Africa (Pretoria), 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014. en , en ) é unha das dúas cidades de Etiopía que gozan dun status especial (astedader akabibi), sendo a outra a capital, Adís Abeba. Segundo estimacións de 2008, Dire Dawa tiña unha poboación de 440 000 habitantes, o que a converte na segunda maior cidade de Etiopía.

A cidade é un centro industrial, dispón de varios mercados e un aeroporto internacional. Dire Dawa atópase no leste do país, a beiras do río Dechatu e ós pés dun anel de desfiladeiros.

En outubro de 2016 inaugurouse o ferrocarril Adís Abeba-Djibuti que ten parada en Dire Dawa. É un ferrocarril de ancho de vía internacional que une Adís Abeba, capital de Etiopía, co porto de Djibuti no golfo de Adén, achegando acceso ferroviario ó mar a Etiopía. O ferrocarril de ancho estándar substitúe ó antigo ferrocarril de vía métrica, que foi abandonado en 2006 e que foi construído polos franceses entre 1894 e 1917.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bekele, Shiferaw (1989). Aspects of the History of Dire Dawa (1902-1936) Imbert-Vier, S. (2011). Tracer des frontières à Djibouti: Des territoires et des hommes aux XIXe et XXe siècles; p. 116 Pankhurst, R. (2010). Who were the 'Young Ethiopians' (or Young Abyssinians): An historical inquiry. Education Issue, Vol. 2, no.2, p: 129 Ligazóns externas Páxia oficial

Categoría:Cidades de Etiopía