Cintaadhesiva é un proxecto creado por Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada de poesía escénica. Nado en 2014 en Vigo, ten proxeción internacional.

Traxectoria A súa proposta ten unha posta en escena na que ensambla textos literarios, música electrónica e videoarte da súa colleita cun carácter ecléctico. Gañou varios premios nacionais e internacionais en festivais de poesía e teatro. Actúan por toda a xeografía galega e o estranxeiro, con diferentes proxectos que amosan en institutos de ensino, concellos, teatros ou eventos.

Proxectos

Fronteira Paraiso, poesía escénica 2018. The Caretaker, videopoema 2018. O deserto, videoclip 2017.. Electromagnetismo, videoclip 2017. A luz, videoclip 2017 A praia, videopoema 2016.. Derrota programada, videopoema 2016. Prólogo e Epílogo, poesía escénica 2014.

Premios

Finalista do premio musical da Deputación da Coruña, 2017. Gañador do premio Sonidos Mans Sinsal San Simón, 2017. Finalista do certame musical Fran Pérez Narf, da Deputación da Coruña, 2017. Finalista dos premios Martín Codax 2016 The Careteker, videopoema. Selección oficial no Motion Pictures International MOPFF 2018, Calgary, Canadá. The Careteker, videopoema. Selección oficial no Miniature Film Festival 2018, Vancouver, Canadá.

Notas

Categoría:Arte contemporánea Categoría:Videoarte Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Vigo