é un videoxogo de loita desenvolvido e distribuído por Bandai en asociación con Hudson Soft para a consola PlayStation. Estreouse no Xapón o 6 de decembro de 2001 e en América do Norte o 24 de febreiro de 2002.
Os xogadores poden escoller entre 24 personaxes (quince dos cales deben ser desbloqueados) das series Digimon Adventure e Digimon Tamers da franquía Digimon, como Terriermon, Agumon, Gatomon e Renamon. A secuela do xogo, Digimon Rumble Arena 2, foi lanzado dous anos despois (tres no Xapón) para as consolas Nintendo GameCube, PlayStation 2 e Xbox.
Categoría:Videoxogos de 2001 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de PlayStation