A Rexión Somali (en , en ) é unha das nove rexións étnicas (kilimo) de Etiopía. A rexión limita coas rexións etíopes de Afar, a cidade de Dire Dawa, Oromia polo oeste, así como Djibuti polo norte, Somalia polo norte, leste e sur, e Kenya polo suroeste.

Jijiga é a capital da rexión, en substitución de Gode, dende o ano 1995 logo de diversas consideracións políticas."April 1994 Monthly Situation Report" United Nations Emergencies Unit for Ethiopia (consultado o 29 de maio de 2008) Outras grandes vilas e cidades da rexión son Degehabur, Kebri Dahar, Barey, Fiiq, Erer, Kelafo, Shilavo, Kebri Beyah, Werder, Aware, Shekosh, Baabili Tuli Gulled, Sasabane e Aw Barre.

Notas

Categoría:Rexións de Etiopía