Foro foi un partido político español da década dos 1990 fundado e liderado por Eduard Punset.

Foro foi inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xuño de 1991 por Eduard Punset, tras abandonar este o Centro Democrático e Social (CDS). Foi presentado en febreiro de 1992, como unha plataforma de debate político, para pasar a actuar como partido político pouco tempo despois.

Definíase como de centro liberal, e propugnaba un discurso rexeneracionista con listas abertas, limitación dos mandatos presidenciais e reforma da lei electoral española. Presentouse ás eleccións europeas de 1994 en coalición co Centro Democrático e Social, con Punset como cabeza de lista. A coalición obtivo 183.418 votos (0,99%) sen conseguir ningunha acta de eurodeputado.

Foro disolveuse en marzo de 1995, e Punset abandonou a política.

Notas

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España