Edme-Louis Daubenton, nado o 12 de agosto de 1730 en Montbard, ducado de Borgoña, e finado o 12 de decembro de 1785 en Avon, vila do hoxe departamento de Seine-et-Marne (Francia), foi un entomólogo, ornitólogo e naturalista francés, primo de tamén naturalista Louis Jean Marie Daubenton.

Traxectoria Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon contratou a Edme-Louis Daubenton para supervisar as ilustracións en cor da súa monumental Histoire Naturelle (1749–1789). As láminas comezaron a aparecer en 1765 e finalmente contaba con 1 008 placas, todas gravadas por François-Nicolas Martinet (1731–1800), e todas pintadas a man. O editor parisiense Panckoucke publicou unha versión sen texto entre 1765 e 1783. Máis de 80 artistas participaron na realización das pinturas orixinais. Delas, 973 refírense a aves; outras ilustran especialmente bolboretas, pero tamén outros insectos, corais, etc. As ilustracións non tiveron moito éxito, pero permiten facer unha boa determinación das especies ilustradas, algunhas delas hoxe extintas.

Como Buffon non seguiu o sistema de nomenclatura biolóxica desenvolvido por Carl von Linné en 1783, Pieter Boddaert (1730–1796) publicou unha táboa da correspondencia dos nomes utilizados cos nomes binomiais linneanos.

Edme-Louis Daubenton faleceu en Avon, Seine-et-Marne, e está sepultado na igrexa de Saint-Pierre desa localidade.

Publicación

Véxase tamén

Bibliografía Benezit, E. (1999): Dictionnaire Critique et Documentaire des Peintres, Sculpteurs, Dessinateurs et Graveurs de Tous les Temps et de Tous les Pays. Nouvelle Edition. París: Gründ.

Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1730 Categoría:Nados en Montbard Categoría:Finados en 1785