Calocybe gambosa —sin. Tricholoma georgii L. 1753—, comunmente coñecido como cogomelo de San Xurxo é un fungo basidiomiceto da familia Lyophyllaceae. É un cogomelo comestible, moi apreciado nas rexións do País Vasco, Navarra e A Rioxa, onde aflora en marzo e se lle chama perretxiko ou seta de primavera. En Italia coñécese como prugnolo, onde é tamén un cogomelo moi popular.
Medra en grupos formando sendas ou "perretxikales". Presenta un sombreiro carnoso de 4 a 15 cm de diámetro de cor branca ou crema e superficie lisa e mate. A marxe está moi enrolada de nova, abríndose máis tarde. As láminas son apertadas, estreitas e escotadas, de cor branca. O pé é robusto e da cor das láminas. A carne é compacta cun certo aroma fariñento. A esporada é branca.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Cogomelos medicinais Cogomelo de San Xurxo Información e fotos sobre a Calocybe gambosa ou perretxico
Categoría:Tricholomataceae