Marta Rosique i Saltor, nada en Barcelona o 16 de marzo de 1996, é unha xornalista, activista e política catalá.

Traxectoria Graduouse en xornalismo e estudou ciencias políticas na Universidade Pompeu Fabra. Foi membro do secretariado do Consell Nacional de la Joventut de Catalunya. Foi membro e voceira da plataforma Universitats per la República. É membro e secretaria de política e cooperación internacional das Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya.

Foi candidata ás Eleccións Xerais de abril de 2019 en España pola candidatura de Esquerra Republicana de Catalunya, nas cales resultou elixida. O 21 de maio do mesmo ano foi nomeada deputada no Congreso dos Deputados, e formou parte da mesa de idade como deputada máis nova da Cámara Baixa.

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Independentistas cataláns Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Políticos de ERC Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)