Aristéneto () foi un epistológrafo que escribiu en grego antigo que floreceu no século V ou VI. Traxectoria Foi identificado anteriormente con Aristéneto de Nicea (o amigo de Símaco), quen faleceu nun terremoto en Nicomedia en 358, pero probas internas indican unha data moi posterior.
Consérvanse baixo o seu nome en forma de cartas dous libros de historias de amor; os temas son tomados de elexías eróticas de escritores alexndrinos tales como Calímaco, e a linguaxe é un mosaico de frases de Platón, Luciano, Alcifrón e outros. As historias son débiles e insípidas, e cheas de incidentes estraños e improbábeis.
Véxase tamén Bibliografía Boissonade (1822); Rudolph Hercher, Epistolographi Graeci (1873). Traducións en inglés: Boyer (1701); Thomas Brown (1715); R. B. Sheridan e Nathaniel Halked (1771 e posterior). Varios autores (1910-1911). Aristaenetus «Aristaenetus». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and General information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público.
Categoría:Escritores en lingua grega antiga