miniatura|500px|Localización da porta de Zungaria. A porta de Zungaria, tamén coñecida como paso de Alataw, ou Alashankou (en chinés 阿拉山; en pinyin Ālāshānkǒu), é un porto de montaña fronteirizo localizado entre a República Popular da China (en Sinkiang), ao leste, e a República de Kazakhstán (provincia de Almati), ao oeste.
Encóntrase ao sueste do lago Alakol, do lado casaco, e ao noroeste do lago Aibi, de lado chinés. Como paso fronteirizo con estrada e ferrocarril, conecta a ambos os países. Considérase o segundo paso fronteirizo terrestre da China, despois do de Manzhouli, na Mongolia Interior.
A porta de Zungaria corta as montañas de Zungaria (as montañas Altai e as do Tian Shan), permitindo o paso entre ambos os lados, polo que se describiu como «a única porta de paso na longa muralla montañosa que se estende entre Manchuria e Afganistán».Carruthers, Douglas (2013): Unknown Mongolia. Volume 1. A Record of Travel and Exploration in North-West Mongolia and Dzungaria. TheClassics.us. ISBN 978-1-2304-1630-4.
Nas súas Historias, Heródoto menciona informes de viaxeiros sobre unha terra ao nordeste, na que grifóns gardaban tesouros de ouro e na que vivía o deus Boreas, creador dos ventos do norte que barrían Grecia.
Diversos autores, como Carl Ruck,Wasson, R. G. (2012): Persephone's Quest: Entheogens and the origins of Religion. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 978-0-3000-5266-4. J. D. P. Bolton,Bolton, J. D. P. (1962): Aristeas of Proconnesus. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1981-4332-1. e Ildikó Lehtinen,Traces of the Central Asian culture in the North: Finnish-Soviet Joint Scientific Symposium held in Hanasaari, Espoo, 14–21 January 1986. Helsiki: Suommalis-Unrilainen Seura. ISBN 978-9-5194-0302-1. especularon que esa terra mencionada por Heródoto se tratara da actual Zungaria, e que a orixe dos grifóns mitolóxicos fose o descubrimento de fósiles de protoceratops,Mayor, Adrienne (2001): The first fossil hunters: paleontology in Greek and Roman times. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-5863-4. abundantes na rexión e que a mítica rexión hiperbórea cos seus pacíficos e civilizados habitantes, tería sido a antiga civilización chinesa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Zungaria
Categoría:Portos de montaña Categoría:Xeografía de Kazakhstán Categoría:Xeografía da China