Américo Gómez Carro, nado na Coruña cara a 1910, foi un fontaneiro e político galego.
Traxectoria Fontaneiro na Coruña. Foi detido en setembro de 1933 con Avelino Torreiro Eiroa, acusados de colocar un petardo nun almacén de materiais de construción.La Voz de Galicia, 22-9-1933, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias en xaneiro de 1937. Foi oficial do Batallón Galicia 19. Capturado polos franquistas, estivo preso no Campo de concentración de Camposancos. Fuxiu do campo con outros presos asturianos o 10 de febreiro de 1938,Ansias de liberdade. Fuga en Camposancos. e despois logrou fuxiu a Francia no bou Tiburón. Abríronlle causa en Ferrol por rebelión militar, que despois foi retomada sendo sentenciado a cadea perpetua.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes