Richard Henkes, nado o 26 de maio de 1900 en Ruppach-Goldhausen (distrito de Westerwald, Imperio Alemán) e finado o 22 de febreiro de 1945 no campo de concentración de Dachau, foi un sacerdote católico latino alemán vítima do nazismo.

Traxectoria Richard Henkes naceu o 26 de maio de 1900 na aldea de Ruppach en Westerwald, preto de Montabaur. Co propósito de ser misioneiro palotino no Camerún, en 1912 se trasladou á casa de estudos dos palotinos de Vallendar, da que foi nomeado director espiritual ao mesmo tempo Josef Kentenich. Henkes participou activamente na vida da Congregación Mariana alí fundada, e chegou a ser presidente da súa sección misioneira.

En 1918 foi chamado para facer o servizo militar en Darmstadt, e ao ano seguinte rematou os seus estudos secundarios e ingresou nos palotinos. En 1921 fixo a primeira consagración temporal, e logo de superar unha importante crise espiritual foi ordenado sacerdote en 1925 en Limburg an der Lahn. A partir de 1926 ensinou na escola dos palotinos de Schönstatt, entre abril de 1928 e setembro de 1929 en Drüpt, e posteriormente de novo en Schönstatt.

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Renania-Palatinado Categoría:Sacerdotes católicos de Alemaña Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Finados en 1945 Categoría:Finados en campos de concentración nazis Categoría:Relixiosos católicos de Alemaña Categoría:Palotinos