Arturo Moreno Torres, nado na Coruña en 1907 e finado na mesma cidade o 7 de setembro de 1953, foi un zapateiro e político galego.

Traxectoria Zapateiro na Coruña. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado por propagar rumores en maio de 1937.La Voz de Galicia, 16-5-1937, p. 4. Fuxiu a Francia no bou Tiburón. Pasou a territorio leal e combatiu no exército republicado. Detido en febreiro de 1939, foi xulgado en Ferrol por rebelión militar na causa 1571/38 o 6 de decembro de 1941, foi condenado a cadea perpetua, conmutada por 30 anos. Preso na prisión Provincial de Lugo, saíu en liberdade condicional o 14 de maio de 1943.BOE, 4-6-1943, p. 5366-5370. En decembro dese ano quedou liberado do desterro e puido volver á Coruña. Volveu ser detido en xuño de 1947 e foi procesado polo Tribunal Militar da Coruña na causa 298/47 por actividades políticas xunto con Juan Castiñeiras Galán, Juan Domínguez Lliso, Manuel Gantes Barreiro e Manuel Vázquez Sampayo. Continuou na loita clandestina con constantes entradas en prisión sen procesamento. Finou na Coruña o 7 de setembro de 1953.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-9-1953, p. 7.

Vida persoal

Casou con Amalla Varela Morales. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Expediente procesual de Arturo Moreno Torres

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1907

Categoría:Finados en 1953

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes