thumb|300px As linguas iberorrománicas son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415, é dicir, a Península Ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).
Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum xeolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes.
Características principais das linguas iberorrománicas
A principal característica é que non perden as vogais latinas finais, a diferenza das linguas galorrománicas. O aragonés perde o último (e), sendo a excepción nas linguas iberorrománicas.
Perden as formas adverbiais latinas (Ibi) e (Index), a diferenza das outras linguas románicas.
O infinitivo está formado con (r) e non se perde como ocorre coas linguas galorrománicas.
Evolución dos grupos latinos (cl, fl, pl) ao /ʎ/ /t͡ʃ/ (ll) (ch).
Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/θ/, /z/, /s/)
Sonorización das oclusivas xordas intervocalicas /k, p, t/, por exemplo (formica - formiga, sapere - saber, totus - todos)
Forman digonygo fronte (e, o) breves latinas, exceptuando ao galaico-portugués. Por exemplo en castellán (ventum - viento, ponte - puente) e en aragonés (folia - fuella).
Betacismo: non hai distinción entre b e v, excepto o portugués onde se conserva a distinción.
Forman os plurais con (s).
Cambio do (f) latino a (h). Este fenómeno ocorreu no castelán, estremeño, cántabro e asturiano oriental pola influencia do éuscaro. Esta característica tamén se comparte co occitano gascón. Penny, Ralph (2002). A History of the Spanish Language. Cambridge University Press. p. 8. ISBN 978-0-521-01184-6
Clasificación Iberorromance nuclear As linguas iberorrománicas occidentais (Grupo Ibero-Occidental) son: https://www.ethnologue.com/subgroups/ibero-romance
Asturleonés: Asturiano Leonés Mirandés Falas de transición entre o castelán e o asturleonés: Estremeño ou eltoeetremeño Cántabro ou Montañés Castelán Dialectos do castelán Sefardí ou ladino Galego-portugués (†) Galego Fala Portugués Dialectos do portugués Xudeoportugués (†)
Grupos de transición Noutra clasificación máis ampla, as linguas iberorrománicas poden incluír o seu grupo de linguas principais e os seus grupos de transición.
Navarroaragonés (†) Aragonés Navarro (†) Riojano precastelán (†) Mozárabe (†) Linguas occitano-románicas (ibero-orientais) Catalán Occitano
Iberorromance pirenaico-mozárabe (grupo controvertido) A clasificación de Ethnologue inclúe un grupo de linguas románicas da Península Ibérica dubidoso, formado polo navarroaragonés e polo mozárabe: o Grupo Pirenaico-Mozárabe, aínda que moitos especialistas consideran que dita división non é un grupo válido, nin atopan demasiados argumentos para postular unha relación especial entre o aragonés e o mozárabe.
Navarroaragonés (†): Navarro (†) Riojano precastelán (†) Aragonés Aragonés occidental: Aragüesino, Ansotano, Cheso, Aisino Aragonés central: Belsetano, Aragonés do val de Vió, Panticuto Aragonés oriental: Patués ou Benasqués Aragonés meridional ou Somontanés Xudeoaragonés (†) Mozárabe (†)
Notas
Categoría:Linguas de España Categoría:Linguas de Portugal