Enemy é un filme psicolóxico de 2013 dirixido por Denis Villeneuve, producido por M. A. Faura e Niv Fichman e escrito por Javier Gullón. Está vagamente baseado na novela de José Saramago O Homem Duplicado. Está protagonizado por Jake Gyllenhaal, que fai o papel de dous homes que son idénticos fisicamente, mais con diferente personalidade. Mélanie Laurent, Sarah Gadon e Isabella Rossellini interpretan os papeis secundarios. Trátase dunha coprodución internacional entre compañías de España e o Canadá.

O filme estreuse na Presentación Especial do Festival Internacional de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2013. Posteriormente foi estreado o 14 de marzo de 2014, pola compañía A24. Recadou $3,4 millóns e recibiu valoracións positivas da crítica. O filme conseguiu cinco Canadian Screen Awards, incluíndo mellor director para Villeneuve, así como mellor actriz secundaria para Gadon e mellor filme. Foi considerado o mellor filme canadense do ano pola Asociación de Críticos de Toronto.

Personaxes Jake Gyllenhaal como Adam Bell / Anthony Claire Mélanie Laurent como Mary Sarah Gadon como Helen Claire Isabella Rossellini como a nai Kedar Brown como garda de seguridade Darryl Dinn como empregado da tenda de vídeos Joshua Peace como Carl, compañeiro de traballo de Adam Tim Post como conserxe de Anthony Misha Highstead, Megan Mane, Alexis Uiga como as rapazas na habitación escura Jane Moffat como Eve (sen acreditar) Stephen R. Hart como Bouncer (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Denis Villeneuve Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes de A24 Films