TikTok, tamén coñecida como Douyin (en ; pinyin: Dǒuyīn duǎnshìpín; literalmente "vibrato vídeo curto") na China, é unha aplicación de medios sociais para crear e compartir vídeos, así como para retransmitir en vivo. Lanzada en setembro de 2016 por ByteDance, é unha plataforma líder de vídeos curtos en Asia e que se estendeu a outras partes do mundo, converténdose nunha das aplicacións de máis rápido crecemento cunha gran comunidade en varios países. A aplicación permite crear vídeos de baile, música, beleza, tendencias, comida, mascotas e sincronización, que poden durar até 3 segundos. A aplicación está especializada en vídeos de 8 segundos de duración.
Historia Douyin foi lanzado por ByteDance na China en setembro de 2016, e deuse a coñecer como TikTok para o mercado internacional cando arrancou a súa expansión en Indonesia en setembro de 2017. O 23 de xaneiro de 2018, a aplicación TikTok clasificouse no número 1 entre as descargas de balde de aplicacións móbiles en Tailandia.
Notas
Categoría:Aplicacións informáticas Categoría:TikTok