Vilborg Yrsa Sigurðardóttir, nada o 24 de agosto de 1963 en Reiquiavik, é unha escritora islandesa.
Traxectoria Estudou enxeñaría civil na Universidade de Islandia, completando en 1997 os seus estudos na Universidade Concordia en Montreal, traballou durante varios anos na empresa Fjarhitun e logo foi enxeñeira na construción do encoro de Kárahnjúkar. En 1998 publicou o seu primeiro libro, unha obra infantil, Þar lágu Danir í því. Ao que lle seguiu o ano seguinte Við viljum jól í júlí e que logrou o recoñecemento do consello do libro infantil de Islandia, a sección islandesa do IBBY. Nos anos seguintes publicou máis libros dirixidos ao público infantil Barnapíubófinn, Búkolla og bókarránið (2000), B 10 (2001) e Bíóbörn (2003), gañador do premio Íslensku barnabókaverðlaunin. As súas historias infantís están moi marcadas por un característico ton humorístico.
A súa primeira obra dirixida ao público adulto, a novela policial Þriðja táknið de 2005, converteuse nun éxito editorial no seu país e internacional, e deu orixe a unha serie de novelas protagonizadas pola avogada Þóra Guðmundsdóttir, que traballa con intuición e unha rigorosa lóxicaMitzi M. Brunsdale (2016) Encyclopedia of Nordic Crime Fiction: Works and Authors of Denmark, Finland, Iceland, Norway and Sweden since 1967 Jefferson: McFarland, p. 233, e que se traduciu a máis de 30 linguas"Yrsa Sigurðardóttir" Icelandic Literature Center. As súas novelas caracterízanse polas súas escenas particularmente escuras e a súa sutil afinidade polo sobrenatural.
Obra Infantil Þar lágu Danir í því (1998) Við viljum jólin í júlí (1999) Barnapíubófinn, Búkolla og bókarræninginn (2000) B 10 (2001) Biobörn (2003) Þóra Guðmundsdóttir Þriðja táknið (2005) Sér grefur gröf (2006) Aska (2007) Auðnin (2008) Horfðu á mig (2009) Brakið (2011) Freyja e Huldar DNA (2014) Sogið (2015) Aflausn (2016) Gatið (2017) Fóra dunha serie Ég man þig (2010) Kuldi (2012) Lygi (2013) Notas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Escritores de Islandia Categoría:Escritores en lingua islandesa Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Escritores de literatura infantil