O corvo mariño pequenoDicionario Digalego corvo > corvo mariño pequeno (Microcarbo pygmaeus, antes Phalacrocorax pygmaeus) é unha ave mariña da familia dos corvos mariños, Phalacrocoracidae. A súa área de distribución esténdese desde o sueste de Europa ata o suroeste de Asia.BirdLife International (2012) Microcarbo pygmaeus; The IUCN Red List of Threatened Species, Version 2014.2. Consultado o 25 de outubro de 2014. É unha ave parcialmente migratoria: as poboacións do norte migran durante o inverno cara ao sur, sen saíren da súa área de reprodución. Ademais, é unha ave accidental nalgúns países de Europa occidental.

Morfoloxía

E unha ave de tamaño mediano, de plumaxe de cor verde escura e negra. Mide entre 45 e 55 cm de longo e de 70 a 90 cm de envergadura. Ten unha cola longa e un peteiro curto e groso. Os adultos presentan pequenas plumas brancas no pescozo e preto das patas durante a tempada de reprodución; o resto do ano, o pescozo é completamente branco. Ambos os sexos son similares, pero as crías teñen unha plumaxe máis clara e amarronada.

O corvo mariño pequeno diferénciase do corvo mariño grande e do corvo mariño cristado polo seu tamaño, moito máis pequeno, pola súa complexión máis lixeira e pola lonxitude da súa cola.

Reprodución e alimentación O corvo mariño pequeno vive en colonias formadas en zonas húmidas, preto de fontes de auga doce como deltas fluviais ou lagos cubertos de vexetación, e mesmo campos de arroz. Evitan as zonas montañosas, frías ou secas. Durante o inverno tamén visitan augas con alta salinidade en estuarios ou lagos de barreira. Constrúe o seu niño con herba e ramas, sobre unha árbore baixa ou un tronco e deposita de tres a seis ovos cada verán. Os dous pais chocan os ovos durante de 27 a 30 días e os pitos poden desenvolverse de maneira independente aos 60 días de vida.

A súa principal fonte de alimento son os peixes. Estas aves pescan en grupos e descansan sobre as árbores durante as súas expedicións para conseguir alimento.

Ameazas

Estas aves sofren varias ameazas: a drenaxe e a degradación das zonas húmidas e dos bosques anexos onde viven, a contaminación da auga, as molestias que causan os humanos e a pesca ilegal, que leva a que moitos exemplares queden atrapados en redes de pesca e afoguen.

A súa zona de distribución, que anos atrás era moito máis extensa, redúcese cada vez máis: en Europa considérase que quedan soamente de 6 400 a 7 300 parellas. A colonia máis grande vive preto do delta do río Danubio e está formada por catro mil parellas, mais o número parece estar decrecendo debido a unha serie de plans para construír canles na zona que comezou en maio de 2004, malia que a área está protexida.

O corvo mariño pequeno é unha das especies protexidas polo Acordo para a conservación de aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas.

Taxonomía

Esta especie foi clasificada inicialmente dentro do xénero Phalacrocorax, pero, de acordo coas análises de ADN realizadas,Kennedy, Martyn; Russell D. Gray & Hamish G. Spencer (2000) "The Phylogenetic Relationships of the Shags and Cormorants: Can Sequence Data Resolve a Disagreement between Behavior and Morphology? "; Molecular Phylogenetics and Evolution 17 (3): 345-359.Holland, Barbara R.; Hamish G. Spencer; Trevor H. Worthy and Martyn Kennedy (2010) "Identifying cliques of convergent characters: concerted evolution in the cormorants and shags"; Systematic Biology 59 (4):433-45.Kennedy, Martyn & Hamish G. Spencer (2014) "Classification of the cormorants of the world"; Molecular Phylogenetics and Evolution 79: 249–257. foi trasladada ao xénero Microcarbo.Gill, F. & D. Donsker eds. (2014) IOC World Bird List, Versión 4.3. Consultada el 23 de octubre de 2014.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do corvo mariño pequeno na Enciclopedia Virtual de los Vertebrados (en castelán) Corvo mariño pequeno en Birdlife (en inglés)

Categoría:Falacrocorácidos