Gloria Ferreiro, nada en Parada de Sil en 1957, é unha actriz galega.

Traxectoria

Viviu de nova en Guendón, e con menos de tres anos marchou coa súa familia a Ourense. Fundou xunto con Mela Casal a compañía profesional Pifano Teatro, coa que durante 18 anos produciron obras teatrais. En 2009 entrou a traballar na Radio Galega como xefa de programas.

Actuacións Pequeno Hotel (2001) Terra de Miranda (2001) Sempre Habana (2006) Efectos secundarios (2007)

Recoñecementos En 2011 o Concello de Parada de Sil recoñeceu a súa promoción do concello.

Notas

Categoría:Nados en Parada de Sil Categoría:Nados en 1957 Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes