Stephen Gerard Bowen, nado o 13 de febreiro de 1964 en Cohasset, Massachusetts, é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-126, STS-132 e STS-133. Pasou un total de 40,42 días no espazo. Traxectoria Gradouse en enxeñería eléctrica na Academia Naval dos Estados Unidos en 1986 e obtivo un máster de ciencias en enxeñería oceánica polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1993. Foi seleccionado pola NASA en xullo de 2000 como especialista de misión e pasou dous anos de adestramento e avaliación.

Véxase tamén

Outros artigos STS-126. STS-132. STS-133. Ligazóns externas

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Massachusetts Categoría:Nados en 1964