Mireia Vehí i Cantenys, nada en Vilafant en 1985, é unha socióloga e política catalá.

Traxectoria Licenciouse en socioloxía na Universidade Autónoma de Barcelona e despois comezou un posgrao en Sociedades Africanas e Desenvolvemento na Universidade Pompeu Fabra, e un máster en Mulleres, Xénero e Cidadanía no Instituto Interuniversitario de Estudos de Mulleres e Xénero. É membro do consello do Centro de Estudos Africanos e Interculturais e representante da campaña "Tanquem els CIE".

Está afiliada á CUP dende 2015 e é deputada nas Cortes Xerais por Barcelona dende o 3 de decembro de 2019.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha da deputada no Parlament de Catalunya

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Independentistas cataláns Categoría:Políticos da CUP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)