Salvador Albacete y Albert, nado en Cartaxena o 4 de decembro de 1827 e finado en Madrid o 4 de agosto de 1890, foi un político español, ministro de Ultramar, durante o reinado de Afonso XII.

Traxectoria Durante quince anos, serviu no Corpo Administrativo da Armada, e entre outras funcións, foi oficial do vapor de guerra León. A continuación, licenciouse en dereito e conseguiu o cargo de Oficial de primeira e Oficial maior do Real Consello e despois formou parte do Consello de Estado. Dende 1863 ata 1868, tivo diversos cargos no Ministerio de Ultramar: xefe de sección, Director de Finanzas e Subsecretario dende 1865. Pouco despois pasou a ocupar a Secretaría de Intelixencia Xeral da Casa Real e Patrimonio, unha posición que deixou ao se producir a revolución de 1868.

Pertencía ao Partido Moderado e acompañou a Isabel II no seu exilio a París tras a Revolución de 1868. Despois da restauración borbónica, regresou a España e foi elixido deputado por Arecibo (Porto Rico) nas eleccións xerais de 1876, por Cartaxena nas eleccións xerais de 1879 e 1881 e pola Habana nas de 1886. Neste momento xa estaba vencellado ao Partido ConservadorRoldán de Montaud, Inés (2000), p. 347. En 1875, foi nomeado Fiscal do Consello de Estado, despois conselleiro e máis tarde o Fiscal do Tribunal Supremo de España.

Foi un destacado defensor dos ingresos azucreiros de Cuba e Porto Rico, enfrontándose no parlamento, en 1878, aos proteccionistas pedindo rebaixas dos aranceis de exportación para o azucre cubanoRoldán de Montaud, Inés (2000), p.199 e subas para os doutras procedencias.Roldán de Montaud, Inés (2000), p.175 Durante o goberno de Martínez Campos, foi nomeado ministro de Ultramar entre o 15 de marzo e o 9 de decembro de 1879, e dende o seu cargo como ministro propuxo unha serie de reformas para proporcionar unha maior autonomía a Cuba e impedir o desenvolvemento dos movementos de independencia pero non conseguiu os apoios suficientes para levalas a cabo. Tamén presentou un proxecto de abolición da escravitude en Cuba que foi rexeitado rapidamente polos abolicionistas por insuficiente.

Negociou con éxito o tratado comercial con Francia en 1882 polo que, despois, foi chamado para negociar o tratado comercial de 1884 con Estados Unidos.

En 1884-1885 e 1885-1886 foi senador pola provincia de Murcia e o 11 de febreiro de 1885 foi nomeado gobernador do Banco de España, cargo que ocupou ata a súa morte.

Recoñecementos O 1 de xuño de 1886, foi elixido membro da Real Academia de Moral e Ciencias Políticas coa medalla nº5. Recibiu, entre outras condecoracións, a Gran Cruz de Isabel a Católica, Gran Cruz de Carlos III, Comendador do nome de Carlos III, Cabaleiro da Espola de Ouro, Gran Cruz da Lexión de Honra, Medalla de Italia, e foi tamén nomeado Xentilhome de Cámara da súa Maxestade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Roldán de Montaud, Inés (2000). La Restauración en Cuba: el fracaso de un proceso reformista. Colección tierra nueva e cielo nuevo. Madrid: CSIC. Centro de Humanidades. Instituto de Historia. ISBN 84-00-07908-6.

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España.

Ligazóns externas Expediente persoal completo e intervencións no sitio oficial do Senado.

Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1890 Categoría:Nados en Cartaxena Categoría:Senadores de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Políticos do Partido Moderado